Monday 20 de May de 2024

Patrimonio valora positivamente a actuación de restauración do Xardín de San Carlos e a limpeza do Castro de Elviña


O Consello Territorial da provincia tamén informou favorablemente á celebración da Romaría Castrexa e ao traslado dun cruceiro en Valdoviño

O Consello Territorial de Patrimonio de Galicia deu o visto bo a varios proxectos e actuacións na provincia nos concellos de Cambre, A Coruña. Ferrol, Valdoviño e A Laracha

Na comarca da Coruña, e máis concretamente na cidade da Coruña, o Consello valorou positivamente o proxecto de restauración do Xardín de San Carlos, a limpeza e o uso de maquinaria pesada no Castro de Elviña e as medidas correctoras para atenuar a entrada e concentración de gas radón no edificio de “Casa Paredes”. En Cambre informouse favorablemente á reordenación do Parque da Igrexa e mellora do peche.

Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte valorouse positivamente en A Laracha a proposta de campo de traballo arqueolóxico no Castro de Montes Claros con supervisión e control.

Na comarca de Ferrol tomouse coñecemento da declaración de ruína e medidas cautelares na rúa Río Novo, 5, no barrio vello de Ferrol e deuse o visto bo á Asociación de Veciños “Valle de Esmelle” para a celebración da 18 edición da Romaría Castrexa e finalmente en Valdoviño autorizouse o traslado dun cruceiro.